Facendo país de abaixo arriba


Festa do Lume. 7 de febreiro de 2015

Na Festa do Lume 2015 da Asociación Irimia queremos celebrar e aprender do mellor que pasa no noso País. O asociacionismo de base en Galicia, aquel que se centra directamente en alentar e transmitir a cultura galega, ou aqueloutro que dinamiza as nosas comunidades, que organiza desde abaixo os diferentes eidos da nosa vida, ao tempo que revive a nosa identidade… ese asociacionismo é unha realidade que existe e resiste.

Hai un rico mosaico de iniciativas. Algunhas cun longo percorrido, que nace mesmo antes da denominada transición política. Un exemplo é a Asociación Xermolos, de Guitiriz, que ten feito un intenso e coherente labor de sementeira na xente nova durante máis de trinta anos. Eles van ser cooperadores activos na organización da Romaxe de Crentes Galegos de 2015.

Tirando proveito desa feliz circunstancia, no ronsel de Xermolos, pretendemos, na Festa do Lume (Mosteiro de Bergondo, 7 de febreiro de 2015), convocar una mostra significativa de asociacións de base, feitas de vontade e compromiso xeneroso, que é una boa vacina contra os virus da indiferenza, do consumismo e do individualismo. Asociacións con xente nova e menos nova, en eidos diversos e complementarios, pero con esa base común.

Ademais de Xermolos, estarán connosco a Asociación Aquilino Iglesia Alvariño, de Muimenta, a asociación “Boa Vida-Inclusión activa”, de Pontevedra, e os do Capitán Gosende, de Cerdedo. A maiores, invitamos a xente da Marea Atlántica, da Coruña, para que expliquen en vivo e directo a súa proposta.

Como é habitual, a primeira hora será a asemblea anual da Asociación Irimia, seguida do panel de experiencias e debate coas asociacións convidadas. Despois virá o xantar compartido e a celebración da fe e da esperanza que nos mantén.

Ide reservando a data.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s