Podemos, esa casta


Keep calm, vivamos como galegosA.Q.

O fachineiro da lingua

Facer política lingüística non é só lexislar -ou desleixar- desde un despacho. Política lingüística é a que fan os xornais galegos publicando en castelán, é a do diario El País, cunha edición en catalán en Cataluña pero con dúas follas en castelán en Galicia, é a que fai Abanca na súa campaña de nadal só en castelán ou coa presunta decisión de ofrecer todos os servizos nesa lingua, é a de Gadis, cando encarga un anuncio de vivamos como galegos e o resto da publicidade en castelán; tamén é a de R, coa súa aposta polo galego. A lingua é algo que se fai cada día, e cando vivimos nunha situación tan desigual esixe do compromiso individual e máis o das institucións. E cando un está nun partido político, a lingua na que se presenta e se ofrece á sociedade tamén forma parte da súa política lingüística. O outro día oía este fachineiro unha entrevista cos líderes de Podemos na Coruña e en Vigo e, lamentablemente, non difire nada da do Partido Popular e da de boa parte do PSOE. A lingua na que transmiten a súa mensaxe en Galicia é o castelán. Forman parte da mesma casta do bipartidismo que tanto lle ten falar en Vigo coma en Palencia e que evidencia unha visión -ou cegueira cara ao país.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s