???????????????????????????????Cando escribo isto, hai uns poucos minutos que entrou o inverno. O meu consello para este comezo de ano é que botes crema protectora solar. Pensaches que toleei? Se cadra, si, pero non por isto que che vou contar.

Trátase da historia de Mafalda Soto, unha farmacéutica galega que está en Tanzania, aos pés do Kilimanjaro. Alí traballa cos albinos, que en África, pola súa singular pel, son considerados coma pantasmas. O seu corpo é considerado máxico e incluso chegan a matar para conseguir anacos del. As supersticións locais falan de que ter relacións cunha nena albina pode curar da sida. Se toda esta maldición non fose pouca, hai que engadir o feito de que coa forte presenza do sol nestas terras, o cancro de pel é especialmente perigoso para os que sofren o albinismo. A lotaría xenética fai que o lugar do mundo onde hai máis albinos sexa precisamente alí. Se a esperanza de vida en Tanzania é de 60 anos, a dun albino é de menos de 30.

Pois no medio deles está Mafalda Soto. Traballa para dignificar a vida deste colectivo minoritario en Tanzania. Ademais creou unha crema solar para protexer a pel dos albinos, que é distribuída pola súa ONG África Directo, de xeito gratuíto, entre a xente que o precisa. Por iso, cando botes dentro de seis meses protección solar, acórdate desta valente galega que loita de xeito directo contra o cancro de pel cunha das poboacións máis prexudicadas por ela.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s