Diñeiro e moral


Pedro Pedrouzo Devesa

Todas as persoas interesadas na construción ética dunha sociedade acaban preguntándose, antes ou despois, cal é o papel que debe xogar o diñeiro nela. E durante o Nadal a pregunta semella tornarse obrigada. No uso do diñeiro, debemos aplicar as normas que rexen a moral? (entendendo a moral na forma máis solidaria que pode haber, dando prevalencia ás necesidades do outro sobre as propias.) Adam Smith, un dos pais da economía, resolveu a pregunta de forma negativa, defendendo basicamente a idea de que a mellor forma de funcionar para un país é que todo o mundo actúe en función dos seus propios intereses. Parece chocante, pero resultou convincente.

Realmente hai tres formas de enfrontarse ao gasto: o interese, que actúa a maior parte das veces que usamos diñeiro ao satisfacer necesidades propias: comida, cultura, vestido, etc.; o amor, que actúa cando facemos agasallos ou calquera tipo de doazón; e o temor, cando nos vemos obrigados a pagar impostos, multas ou calquera imposición prescrita por unha norma.

Ningunha das tres motivacións son puras. Están rodeadas de miles de condicionantes que acompañan as nosas decisións de gasto, e non as deberiamos sancionar como positivas ou negativas de seu. Pode ser más beneficioso para a sociedade un gasto orixinado polo meu interese en gozar da música mercando un disco, que unha doazón feita a unha ONG que me produce un gran benestar, pero que vai parar a un organismo que non ten moita capacidade de facer fronte ás necesidades que di cubrir.

Con iso non quero maltratar o gasto por amor, parte indisoluble e fundamental na estrutura dunha sociedade, e que explica unha porcentaxe moitísimo maior do noso gasto do que pensamos, porque a gratuidade segue sendo o factor fundamental na nosa cesta da compra. O que quero é defender que o gasto por interese produce efectos moito máis benéficos do que poida parecer. Somos unha sociedade máis benintencionada do que nos gusta crer, e moitas das decisións máis patéticas tómanse no eido público, moito máis despersonalizado do que nos gustaría aos que queremos un Estado social.

Non quero caer no pasteleo económico, pero si reflexionar sobre os verdadeiros motivos que rexen o noso gasto: o interese, o amor e o temor van moito máis acompasados do que a moitos tristepensadores lles gusta recoñecer.

De aí a que sexamos felices hai un longo treito. Hai demasiada xente que se alimenta de vinagre con demasiada facilidade. O inconformismo é tan simple coma o conformismo cando está alimentado por un prexuízo. O simple malestar non mellora a situación de ninguén, nin fai o mundo máis xusto, simplemente amarga aos teus veciños.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Economía. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s