Estatísticas


O fachineiro da lingua

A.Q.

Se este fachineiro tivese algunha responsabilidade na cousa pública respecto á lingua e á vista dos datos que acaba de publicar o Instituto Galego de Estatística sobre o uso do galego diría algo parecido a “Compañeiras, compañeiros: ata aquí cheguei. Que pase o seguinte a ver se o fai mellor”. Pero claro, iso esixe daquela palabra no outro sentido do termo, sentirse responsable do que un fai, ter algún respecto polo traballo que un desenvolve. Unha das cousas que máis abraio produce xa non é a total ausencia de autocrítica, de decatarse na criatura que aleitaron dende o 2009, senón a incapacidade de artellar unha resposta ante eses resultados. É coma se cresen as súas propias mentiras: a pax lingüística, os nosos escolares acaban os seus estudos co mesmo dominio do galego e castelán… Como ousan tales datos contradicir a súa fantasía? Ao presidente, non lle falta razón cando di que a culpa non é do goberno, senón da sociedade. Claro que si. Unha sociedade que parece levar no ADN o xene atlántico do desprezo da lingua propia, unha sociedade que é capaz de entregar o seu voto maioritario a unha persoa coma el, alguén que fai demagoxia coa lingua, que non lle doe o máis mínimo o devalo, unha persoa á que ese datos non lle quitaron un minuto de sono. Como di Xosé Ramom Pichel, vivimos xa nunha sociedade de tempos compostos. O optimismo déixoo para outra sección de Irimia.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s