Do Apalpador ás uvas seguimos falando de lingua


Esta noite feiticeira,

Loguiño de te durmir,

Entre a neve silandeira

O Apalpador ha de vir.

Baixará dende a Rogueira,

Devesa moi misteriosa,

Onde habitan o bidueira

E a faia máis preciosa.

Falando de lingua, da nosa, e nestas datas, cumpría falar de panxoliñas. E cumpría falar de poñer en valor a nosa cultura e as nosas tradicións e facerlle fronte a tanto Home de barba branca que se move en zorra por unha neve que aquí non hai e cuns renos que están confinados en Marcelle. A cultura anglosaxona tróuxenos ao Santa Klaus, vestido do vermello da Coca-cola, e mesturouse cun Papá Noel europeo…, pero nós tiñamos unha figura autóctona que sae no Nadal das montañas, que é o Apalpador. Levamos anos tentando recuperar este elemento da nosa cultura porque unha lingua non se mantén sen unha cultura propia detrás.

Mais tras o esforzo de recuperar o Apalpador , atopámonos que este fala nunha lingua que xa case non falan os nenos e nenas deste país. Polo menos os urbanos. Os dramáticos datos da última enquisa do Instituto Galego de Estatística (IGE) publicados a principios deste mes non nos din nada que non soubese calquera que faga algo de sociolingüística de orella. Desa que se fai oíndo falar nos parques, nos autobuses, nas escolas infantís, nas de primaria e nas de secundaria de vilas e cidades. Non nos din nada que non teñamos nós anunciado e denunciado aquí. Os datos mostran como se lle puxo nos últimos anos o acelerador a un proceso de minorización do galego que comezou hai séculos. Os datos din que o discurso do goberno fixo tanto mal como temos nós anunciado repetidas veces. Así as cousas, o 75% da poboación menor de 15 anos ( o futuro do país) é monolingüe en castelán. Insistimos, é dramático, pero nada nos estraña.

O que si nos deixou os ollos coma pratos foi ler as declaracións do Secretario Xeral de Política de (morte) Lingüística. Tivo a ousadía de insinuar, no medio de moitas outras sandeces, que na enquisa faltaban galegofalantes…!!!! Ah!, onde se agocharon? Desde logo… Será que o IGE non sabe facer a mostraxe?!!!! Claro! Debeu ser que os enquisadores, para non mollarse na lama das aldeas, só estiveron polas urbes e, aínda por riba, os que había por alí… non os atoparon! E Valentín deuse conta…, fáltanlle os falantes na enquisa!

E poderá comer as uvas tranquilo este home? Atragoadas xa nos quedaron a nós lendo as súas declaracións!

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Falando da lingua. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s