Lidia e Valentina

O que vos imos contar xa non é actualidade, pasou a última fin de semana de novembro, é dicir, o día de san Basilio, e san Edelboldo, e san Eustaquio, san Hortelano, san Sóstenes, santa Teodora e san Urbano entre outros… E quedamos abraiadas, ou –cando menos- algo pampas…Ó caso…

Saberedes que o venres 28 de novembro foi o “Black Friday”… É o día seguinte ó Día de Acción de Grazas, que se celebra nos Estados Unidos o terceiro venres de novembro. Si, estades a ler ben…, nos Estados Unidos… É o día que se inaugura a temporada de compras de Nadal e, para potencialas, ofrécense importantes descontos. Para os que lograron manterse á marxe deste “vivir global”, explicamos que o Black Friday tradúcese á nosa lingua como “Venres negro”. Iso si, esta non foi a denominación pola que se optou na cartelería anunciadora da nosa terra…

Non nos chamou á atención a decisión de tantas e tantas tendas por baixaren os prezos uns días, quizais para potenciaren as venda nesta época de vacas fracas. Non, foi o pretexto americano! E a terminoloxía! Adóptase o costume e tamén a denominación, para que non perda esencia. Así e todo, os nosos petos agradeceron ben esta americanada…

Como parece que vai haber que afacerse a este “concepto”, dirémosvos que a denominación de “venres negro” ten a súa orixe nos atascos producidos polo volume de vehículos que ateigaba as estradas ese venres seguinte a Acción de Grazas, aínda que anos máis tarde trataron de xustificala dicindo que ese día as contas dos comercios pasaban de números encarnados a números negros, grazas ó volume de vendas.

Se tal traza leva, un ano destes Obama virá ler á nosa terra o pregón das Letras Galegas ou Rajoy indultará dous porquiños polo San Martiño (é tradición que o presidente dos Estados Unidos indulte dous pavos para inaugurar as celebracións de Acción de Grazas)…

Non temos espazo para máis, aí queda isto. A Coca-Cola parecíanos unha invasora e agora, vaia por Deus, onde ela queda…

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Falando da lingua. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s