Teatro e cine


O fachineiro das recomendacións

Recomendacións das boas, que isto non é a Excma. de Ourense. Entrándomos en fariña: hai que ir ver A esmorga, a adaptación da novela de Blanco Amor que dirixiu Ignacio Vilar. Xa se estreou hai un mes, así que temos que ir bulindo para vela nunha pantalla das boas. Hoxe pouca xente se atreve a discutir a calidade desta novela, que tivo que ser publicada en Bos Aires alá polo 59, con cuberta de Luís Seoane. Tampouco a crítica literaria se luciu moito nos primeiros anos e se ademais Blanco Amor era un vello un pouco rabudo hai que avanzar abondo para que sexa recoñecida como a gran obra que é, unha das que entra sen dúbida dentro do noso canon. Xa había unha adaptación ao cine realizada por Gonzalo Suárez, da que este fachineiro non é moi fan, malia contar con guión do propio Blanco Amor. A outra recomendación prenavideña é a obra Eurozone do grupo Chévere, que acaban de ser galardoados co premio estatal de teatro. Este grupo xestionaba unha sala de referencia na cultura galega, como era a NASA. O defraudador exalcalde santiagués, Conde Roa, acusounos de terroristas e pediron asilo artístico no concello de Teo. Agora acórdanse del e dedicáronlle o premio. Cómpre aproveitarmos a xira e asistir a esta peza, porque Chévere si que non defrauda nunca e porque nos ofrece unha cáustica visión da crise que acompaña a nosa existencia.

A.Q.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s