Os tres colchóns


Carlos Vázquez G.

Nicolás Sarkozy, que quere volver, en canto viu as orellas do lobo da crise que se achegaba, alertou da necesidade de que o Estado dese resposta inmediata ao descalabro social que se aveciñaba porque, dicía, córrese o risco dunha gran revolta. En España o descalabro social é innegable: grave deterioración da clase media, incremento alrmante da pobreza e da marxinalidade social, desemprego masivo -crónico para milleiros de persoas-, fin ou merma da protección aos parados, substitución do desemprego polo traballo precario e indigno no escaso emprego que se crea, deterioración dos servizos públicos que afectan a dereitos fundamentais; expulsión do mercado laboral de miles de mozos e mozas entre os que están os mellor preparados, caída en barrena da protección ás persoas con discapacidades e, en definitiva, a práctica perda dun Estado do benestar incipiente. Todo isto vén adubado co afloramento da corrupción que apodrenta o sistema mesmo. A situación xerou un profundo malestar social, frustración colectiva e desesperación en sectores sociais que nunca esperaron tal cousa e, sobre todo, unha indignación, ira e carraxe que se manifestan decotío individual e colectivamente. Aí están as diversas mareas que se erguen ao ritmo do desastre e o desprestixio profundo das institucións, dos partidos e da mesma política. Con todo, esa revolta presentida polo exmandatario francés, aquí non se produciu. Hai quen o achaca a unha presunta madureza da sociedade española e quen pensa nunha incapacidade colectiva para aplicar a viradoira. Seguramente a explicación máis acaída sexa que, neste desastre, contouse con tres colchóns que amorteceron a caída libre tralo rotundo fracaso do Estado. O primeiro colchón foi familiar: as pensións dos vellos que, por certo, pouco máis poden dar de si. O segundo está sendo o colchón sa solidariedade colectiva canalizada a través das ONG, que suple no que pode a ineficacia das institucións, pero que ten o límite físico de que cada día sexan máis os que teñan que recibir e menos os que poidan dar. E o terceiro está tratando de ser o colchón político de Podemos, que intenta dar saída pola canle da política á ira, á desesperación e á indignación colectivas e crecentes, pero que ten dificultades para concretar un proxecto viable e moi poderosos inimigos depredadores. En todo caso, que sería de nós sen os xubilados, sen a solidariedade social e sen o intento de Podemos? É para meditalo.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Política. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s