O peto común


O peto (1)Josecho de la Torre Culler

Por desgraza, recollemos un segundo Peto entre a tristura das despedidas. Se o outro día faciamos unha pequena homenaxe recordando á Madre Guada no seu pasamento, agora énchenos de dor a morte de Francisco Carballo, o Padre Carballo. Paco era, máis ca ninguén, home de fe e da terra. A súa vida fornecida por estes dous aspectos foi de entrega aos demais desde a mensaxe do Evanxeo e de defensa das inxustizas máis próximas. Nado en Maceda, Paco fíxose paúl e a súa vida transcorreu en boa parte na comunidade que esta orde ten en Marín, onde fundaron o Colexio San Narciso. Foi un dos historiadores máis importantes, ademais de mestre e crego. Paco morreu feliz, pero lonxe da terra; desde había un par de anos estaba nunha residencia que os paúis teñen en de Salamanca. Foi alí onde o puidemos ver por última vez hai xusto un ano, ata entón enviaba correos, escribía nas redes sociais, chamaba e recibía chamadas. Era sorprendente como falaba da morte, asentada sen dor na súa fe. Francisco estaba ilusionado co Papa Francisco. Desde o inicio sentiu que ía ser unha figura importante para a Igrexa. Na súa preocupación sempre estaba o devir da nosa Terra; militante na defensa do noso, investigou en profundidade sobre os problemas do país, achegando moito da historia esquecida que nos precede.

Hai tempo que deixou de coller o teléfono, foise en silencio; silencio que o traerá de novo ao lugar que o viu nacer. Dous actos terán lugar en Asadur, en Maceda, un sábado 13 de decembro ás 11:30 da mañá onde serán soterrados os restos; e outro o 27 de decembro, nunha homenaxe que promete ser multitudinaria polo querido que era, porque sempre ía a onde o chamaban, porque axudou aos demais, por ser home de ben, polo seu traballo e dedicación. Soamente queda dicirche GRAZAS PACO e até sempre!

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón). Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s