Que grande é A esmorga. Grandísimo o libro de Eduardo Blanco Amor e grande a película de Ignacio Vilar. A adaptación cinematográfica paréceme de altura. Eu non son crítico cinematográfico, pero hai cousas da película que me encantaron. Gustoume moito a ambientación, que resulta moi crible. Gustoume moito que se respectase o xeito de falar característico da zona e que reflicte tan ben o autor. Por sorte, non se caeu no que para min sería o erro de “facilitalo” expresándose en normativo. E o que máis destaco é o papel dos tres actores. Xenial, Miguel de Lira como Cibrán, facendo un papel comedido como corresponde ao seu personaxe. Inmenso, Morris, facendo de Milhomes. E tremendo o actor vasco, Karra Ejalde, facendo de Bocas cun galego perfecto. Señores, falar galego non é tan difícil. Só hai que ter gañas. Paga a pena que nos sintamos orgullo do noso e que a sétima arte na nosa lingua non sexa flor dun día cada vinte anos.

Achégase o Nadal. Se queres cinco minutiños de reflexión do que se celebra, aconsélloche que vaias a un buscador de vídeos e mires Nadal en Luintra, de Berrogüeto. Moi bonito. Feliz Nadal.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Crea un sitio web ou un blogue de balde en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: