O sal da terra


A.Q.

O fachineiro do cine

Estamos entrado en tempada interesante de estreas cinematográficas e entre elas quere destacar o fachineiro este magnífico documental dirixido por Wim Wenders. A obra é un repaso emocionante e arrepiante asemade pola obra do fotógrafo brasileiro Sebastião Salgado.

Este home, referencia da fotografía social mundial durante os últimos corenta anos vai comentado ante a cámara de Wenders algunhas das súas obras máis coñecidas e, por veces, esa explicación conmove aínda máis cá propia foto. Salgado, posuidor de todos os grandes premios de fotografía publicou as súas creacións en libros emblemáticos coma Terra -sobre os campesiños sen terra-, O berço da desigualdade -acerca da precariedade da educación en países empobrecidos- África, Éxodos ou Traballadores, entre outros. Por diante do seu obxectivo pasaron a inxustiza, a pobreza, a fame, a sede a ambición, a indiferenza. Logo de fotografar xenocidios coma os de Ruanda ou os Balcáns, despois de ver morrer diante da cámara refuxiados e desprazados abandonados por todos, chegou á conclusión de que ningún ser humano debería seguir vivindo, tal como di no filme. Deixou a fotografía social e buscou abeiro nestes últimos anos na ecoloxía e na fotografía da natureza. Neste filme veremos unha escolma imprescindible.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s