Ellacuría actual


Daniel López

Ellacuría foi un dos xesuítas asasinados no Salvador hai 25 anos polos paramilitares fascistas. Pero foi moito máis. Era unha mente xeradora, creadora, emocionadora. Daba no cravo e conectaba co presente. Sabían a quen mataban.

Ellacuría sería unha base sólida para formular algo tan necesario hoxe como unha “teoloxía da cousa pública”. Ocórresenos aquí un pequeno apuntamento desa interpretación.

O primeiro é algo tan básico e bíblico como que a Deus ninguén o viu xamais. Fóra iluminados! O segundo sería algo así como que, sen quitar o dito, houbo na historia un tal Xesús que foi unha xaneliña e un espello polos que a humanidade puido albiscar cal era, cal podía ser, cal ía sendo, o rostro de Deus. Dun que pagaba a pena. E ese rostro, curiosamente, era a expresión do mellor da propia humanidade, da súa propia historia: a fraternidade radical.

(Ben, xa sei, para isto hai que ter algo de poesía nos miolos, non companga isto ben coas mentes puramente calculadoras e instrumentais).

O terceiro sería algo tan ellacuriano como que non hai dúas historias, a sagrada e a profana; a eclesiástica e a civil; a cidade santa e o mundo endiañadamente laico e emancipado.

O cuarto, xa en palabras de Ellacuría era que o “seguimento é histórico”, faise na historia, e non se pode reducir “ao plano estritamente persoal, sen plasmación nos procesos públicos e nas estruturas sociais”.

E quinto, que a praxe, o compromiso vital da comunidade crente –Igrexa- non ten o centro en si mesma nin nun Deus alleo á “historia”, senón na realización da liberación, do avance do “reino” na historia.

E sobre iso habería que construír outro discurso: sobre a “transcendencia” de que a xustiza, o reparto e a igualdade se fagan estrutura, sistema sanitario público, educación gratuíta e de calidade, igualadora; servizos sociais e coidados garantidos para os débiles.

E saber condenar con lucidez e coherencia o grave asunto da corrupción, da fraude fiscal, do que rebenta a sempre escasa caixa do público en beneficio propio e do propio partido.

E saber ver aí, que non hai dúas xustizas. Nin dúas igualdades. Nin dúas dignidades humanas. Porque a realidade é única. E a Liberación, tamén.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s