Conversa con Roberto Rivas


Nicanor Acosta Alonso

Hai agora ano e medio un bombeiro da Coruña negouse a colaborar no desafiuzamento da anciá Aurelia Rey. Cando lle solicitaron que cortase a cadea que impedía a entrada ao edificio Roberto Rivas comunicou a súa negativa, púxose o casco e, levantando un cartel de Stop Desafiuzamentos, volveu para o camión. Esa acción sacouno do anonimato e converteuno nun heroe, pero valeulle tamén unha condea por “provocación de reaccións no público que alteran ou poden alterar a seguridade cidadá”. Esta é a conversa que mantiña para Irimia, nos mesmos días nos que se confirmaba a sentenza.

Esta crise creou sufrimento ben concreto en xente ben concreta. Estiveron e están as institucións e os servizos públicos á altura das circunstancias?

Eu penso que a día de hoxe todas as institucións están apodrecidas, polo tanto é complicado ter algún tipo de esperanza no mal chamado “estado de benestar”. Se realmente estivesen ao servizo das persoas nunca chegariamos a sufrir ningún desafiuzamento; as institucións salvan bancos, traballan arreo para as grandes corporacións pero desprezan as persoas.

Por que un bombeiro se nega a acatar ordes na execución do desaloxo dunha familia?

Un bombeiro é unha persoa, as persoas temos que ser fieis os nosos principios e valores, e cando se contradín uns cos outros temos que decidir, non serve mirar para outro lado, non serve escudarse en desculpas barateiras: ou es parte da solución ou es parte do problema.

Que pensas cando os gobernantes falan de ética e rexeneración democrática?

Creo que non son os máis indicados para falaren diso. A inmensa maioría dos actuais gobernantes supoñen un grave problema para a  sociedade, polo tanto temos que artellar ferramentas dende as bases, dende os movementos sociais para que de verdadeira  política poida ser decente, todo o que eles digan e falen nada ten  que ver coa realidade. 

Agora con máis perspectiva, dado o contexto que actual, que se che ocorre que debe ser a mensaxe ou a interpretación ante a situación que estamos a vivir?

E tempo de cuestionarse todo, dende o modelo social, territorial, lexislativo, xudicial, etc, etc Por certo, unha grande aperta ao meu compañeiro e amigo Nicanor, todo un exemplo para todas nós, que estamos moi orgulloso da túa persoa.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Entrevista ou páxinas centrais. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s