Hoxe vouche pedir que fagas un pequeno esforzo mental. Que foi o primeiro que fixeches unha vez que te ergueches da cama? Non é difícil. Seguro que foi ir ao baño. Concretamente ao váter. Non é que a finais de ano estea eu especialmente escatolóxico pero quería facer con vós unha reflexión.

A ONU decretou que o día 19 de novembro (descoñezo o porqué concreto desta data) será o día do váter (retrete, escusado…) Se cadra pensas coma min cando escoitaches isto: que fumarían estes da ONU para crear un día do váter?

Pero hai que ter en conta que isto de ir ao baño non é tan doado. Non estou falando de casos de molesto estrinximento. Estou falando que máis de dous mil millóns de habitantes deste planeta non teñen acceso a algo tan sinxelo coma un retrete. E isto supón unha importante falla de hixiene e incluso de intimidade que leva a incluso a xustificar violacións ante tribunais.

Teño entendido que o váter ten salvado moitas vidas. Máis das que cremos. Que grazas a el a esperanza de vida aumentou considerablemente no último século. É unha mágoa que no mundo haxa máis teléfonos móbiles que váteres. Nós que vivimos nun mundo privilexiado non sabemos o afortunados que somos ao telo e deberiamos ter conciencia daqueles que non o teñen. Un mundo onde todos teñamos váter é de xustiza.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s