Xestionar as identidades, gobernar a diversidade


O que pasou en Cataluña o 9-N pode ser valorado e cualificado de moitas maneiras, pero a menos acertada é a de dicir que foi un “exercicio inútil” (ou una “farsa”, ou un “yo me lo guiso, yo me lo como”), agarrándose ao feito evidente de que non ten “efectos xurídicos”.

Xurídicos, de momento, non, pero políticos é imposible que non os teña. Que dous millóns de cidadáns se mobilicen e participen é imposible que non teña efectos políticos. Máis ben, ao contrario. É o momento de deixar o drama e a pantomima fundamentalista e poñerse a facer política, a facer os deberes.

Esa teima de dramatizar debe afundir as súas raíces naquela concepción sacrosanta da “una grande e libre”, naquela “unidade de destino no universal” coa que o franquismo definía España. Pero o que se precisa é todo o contrario: política, negociación, sentido práctico. A situación que se vive en Cataluña, todo un complicado proceso que foi derivando, de susto en susto, de prexuízo en prexuízo, nace dun “pecado orixinal” centralista que precisaría de moita revisión e outra tanta pedagoxía. Sobre iso cometeuse erro tras erro. A historia do Estatut é unha lección do que un partido responsable na oposición non debería facer, e agora o PP recibe o golpeo do boomerang que lanzou daquela. E, entre tanto, o autonomista pasou a ser soberanista e o nacionalista, independentista. En cousa dun lustro.

Fai falta moito debate coas cartas boca arriba, cos pros e contras da separación, da unidade, da federación, da confederación. Nada hai sagrado nin inmutable nas constitucións. Todo se pode discutir entre seres e pobos libres. Pero primeiro hai que recoñecerlle a Cataluña que é un pobo, non un apéndice. Que sentido ten, senón, que existan “nacionalidades históricas” na Constitución?

O que entorpece todo é precisamente o empeño en que non se poida votar con todas as garantías. Consultar. Saber que pensa a xente realmente, que quere para o seu futuro. Pode haber opinións moi catalanistas e moi ben fundadas que prefiran manter unha vinculación co Estado español desde un novo pacto, solidario e respectuoso, distinto. Pero esas voces non se poden escoitar, precisamente porque o debate derivou nun enfrontamento visceral entre posturas antagónicas: asimilacionistas contra secesionistas. Hai que acougar e serenarse.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Uncategorized coas etiquetas . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s