A Ara de Prisciliano


Ilustración carta.redimensionadoMero

Saía en Irimia hai dous números unha fotografía do “Altar ou Ara de Prisciliano” no Pedregal de Irimia, lugar simbólico de Galiza onde celebramos a Primeira Romaxe de Crentes Galegos e de onde esta revista colle o seu nome. Era nunha crónica feita por David Otero sobre o Día da Afirmación na Dignidade, pero cómpre contarvos o sentido daquela Ara que posta no alto do Pedregal, nos presidía. Foi por expreso desexo de Xosé Chao Rego, impulsor de tantas novas e boas iniciativas, coñecidas por todos nós, que me transmitiu hai algún tempo aquel seu desexo de ver –precisamente alí- unha lembranza do bispo de Ávila, galego singular que removeu os alicerces dunha Igrexa impropia e decadente que instituía os medos. El, pola contra, promoveu a liberdade propiciando ás mulleres e reivindicando a igualdade, como todas e todos ben sabedes. Decapitado en Tréveris, a súa memoria perviviu e pervive como un auténtico mito de nós, e a súa voz aínda resoa como unha demanda de xustiza e dignidade. Pois ben, seguindo as indicacións do noso Pepe Chao, alí se puxo a pedra –nativa de alí mesmo, en modo e maneira que non estragase a enorme paisaxe que nos habita. É obra de Valdi axudado de Manolo Pardo, articulada coa forza de Alfonso de Xermolos, Rubén, Xabi e as licenzas e colaboración do Concello de Meira, que asentaron a pedra sobre outras dúas que xa estaban nesa posición orixinal e que, en fidelidade –ao mesmo tempo- á sinxeleza e humildade, tamén inspiraban a Prisciliano.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Noso taboleiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s