Algo terá a auga cando a bendín.


Algo debe estar facendo o Papa Francisco para que os sectores máis reaccionarios da nosa Igrexa estean poñéndose nerviosos. Aqueles que daban sempre títulos de eclesialidade e de seguimento da doutrina ortodoxa agora vólvense críticos. Din os rumorosos vaticanos que o Papa pediulle a algún bispo que rece por el debido á persecución de certa dereita.

Se cadra algún pode pensar que o Papa arxentino está quedando curto co que tería que facer e talvez teña razón. É moi probable que o Sínodo da familia quede nun intento de comezo de reforma. Pero xa vai sendo hora de que moitos bispos se dean conta de que certos sectores que se vendían como fieis e gardiáns das esencias só o son cando lle veñen ben dadas. Eu son ortodoxo se a ortodoxia coincide comigo.

Oxalá isto sexa a continuación da primavera na nosa comunidade. Que estes anos pasados só fosen unhas nubes e que o Concilio Vaticano II continúe a desenvolverse. E oxalá a Igrexa vaia rexeitando a todos eses que negan o seu desenvolvemento e botan en falta tempos pasados. Estamos nun tempo novo e os inquisidores internáuticos sobran.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s