A min non, corazón


A.Q.

O fachineiro da sanidade

Aquí ninguén sabe nada. Pregúntase o fachineiro que sensación será a de gastar cartos a esgalla cunha tarxetas desas mentres un bota a lingua a pacer para que os demais lle paguen as rondas. Como se fai para durmir polas noites despois de gastar nunha única comida o orzamento anual dunha familia en apuros? Como se pode ser ministro para administrar o sufrimento e as miserias da xente mentres un mesmo “nada na ambulancia”, como aquel personaxe de Manolo Rivas? E que tal se dorme cando se sabe que iso que fai custa vidas? Decatábase estes días o fachineiro da peregrinaxe dos pacientes de cancro de distintas aldeas da provincia de Lugo por mor da eliminación do tratamento de radioterapia no hospital da cidade. Agora teñen que ir ao Centro Oncolóxico de Galicia -unha fundación, ehem- na Coruña e facer 260 quilómetros diarios para o tratamento. Un periplo que non está mal nuns enfermos que teñen o cansazo como un dos efectos secundarios. Cando se denuncia esta situación á persoa da recepción do centro coruñés a amable evasiva “a min non mo digas, corazón” soa a resignación. Pois iso: barra libre que custa vidas.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s