O lugar e o nome de Deus


trasnoDaniel López

Van saíndo do fondo das tebras as seitas católicas alimentadas nas tres pasadas décadas. A última sensación mundial –e non esaxeramos– ten importante presenza en Galicia e estaba protexida pola diocese de Tui-Vigo, a mesma diocese da que se di que pon trabas a que se suprima para sempre o monumento –en forma de cruz, vaia, vaia– que Franco inaugurou no monte do Castro para honrar aos caídos golpistas. Que visión pastoral estratéxica, mon Dieu!

Esta película é a dos autodenominados Orden y Mandato de San Miguel Arcángel que, a cambio de vocacións frescas, entraron a saco nos círculos de confianza episcopais e mesmo cantaron e fixeron cantar aos asistentes á Xornada Mundial da Xuventude –JMJ– de Madrid, diante dos campións da ortodoxia, Ratzinger dezaseis e Rouco de Vilalba. Unha vez máis a película da realidade supera calquera ficción, e están as redes que ferven a cachón con iso que din os medios máis serios do líder “purificando” –que seica é como se di caniflai neses ambientes– as doncelas consagradas, si, as das fotos, as de amarelo e azul, as da guitarra e a alegría-por-doquier.

A cousa tería a súa graza se non fose bastante seria. A isto fomos chegando. E todo en nome do catecismo católico, do arcanxo que toque en cada caso, da Virxe de Fátima e… de Deus. O abuso do relixioso, o abuso desde o relixioso, o de andar cotifando a Deus chegou a un límite de fartura histórica. Xa está. Xa abonda. Punto final. Que é o que en realidade pretenden?

A xente que sabe de teoloxía e de espiritualidade e destas cousas, quen estea con honestidade interior animando ou representando a tradición relixiosa cristiá, debería nestes tempos, máis ca nunca, preguntarse cal é o lugar de Deus, a causa, o conflito, a circunstancia humana na que ten sentido “dicir a Deus”. E, no resto, traballar pola xustiza, construír fraternidade, nutrir as comunidades, animar os desencantados, organizar a solidariedade crítica, apostar polo inédito viable, sementar soños… e escoitar, calar moito.

Algún día alguén fará unha lúcida análise e concluirá sen discusión posible que naqueles –nestes– tempos, os que dicían defender a relixión eran os seus máis eficaces inimigos.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Trasno. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s