Novidades en Fiare Banca Ética


Nova oficina en Bilbo

Manuel Adame

Como ben sabes, vimos informando de tanto en tanto da evolución de Fiare Banca Etica na nosa revista. Nesta nova etapa que está a vivir a cooperativa de crédito, coa apertura da súa nova oficina en Bilbao, veñen de darnos a coñecer unha serie de novas que queremos compartir con vós a través deste texto de Peru Sasia, Conselleiro da Área Fiare.

Coa apertura o 1 de Outubro da oficina de Fiare en Bilbao e o comezo das nosas operacións como entidade bancaria, iniciamos unha nova fase. Unha nova fase que encerra os mesmos retos de fondo que alumaron o proxecto hai máis de dez anos. É certo que agora podemos ofrecer á cidadanía os produtos financeiros típicos de calquera outra entidade, pero non podemos esquecer que, con iso, seguimos avanzando na construción dun proxecto cuxo maior valor son as relacións, e ese é o seu principal elemento de alternativa.

Cambian as nosas direccións en Internet. Xa non somos “proyectofiare.com”, somos “fiarebancaetica.coop”. Unha metáfora do importante paso que estamos a dar estes días, aínda que a algúns nos siga gustando falar dun “proxecto” vivo, dinámico, atento á realidade… Sabemos que este novo escenario conserva os retos que inspiraron a construción cooperativa que, desde Italia e desde o Estado español, deu lugar a unha realidade europea que nos pertence a todos/as.

Sabemos que as cuestións clave seguen aí: como organizarnos, como reforzar a participación, como incorporar a perspectiva de xénero, como incorporar a xente nova, como relacionarnos coas organizacións que queren comprometerse neste camiño de construción dunha banca ética de forte arraigamento cidadán… En definitiva, como reforzar unha lexitimidade que, non o esquezamos, aséntase na nosa capacidade de crear condicións máis xustas na nosa contorna. E iso, hoxe, non cambiou. A web, a imaxe, as instalacións, poderán ir cambiando (deberán facelo), pero os retos de base seguirán aí. E iso non nos frustra, senón todo o contrario, é o que dá sentido a cada paso que damos. Celebremos o momento, que merece a pena.

Peru Sasia
Conselleiro da Área Fiare

Xunto coa oficina, tamén vén de inaugurarse a súa nova web: http://www.fiarebancaetica.com. Entre a información que alí aparece veñen recollidos os servizos que vai ofrecer para as persoas socias. Aproveitamos para animarvos a sumarvos a esta alternativa á banca tradicional, chea de valores, transparencia e participación. É moi sinxelo, só é preciso cubrir e asinar un documento por duplicado e facer unha achega de 300€ de capital social e 30€ de fondo perdido. Se estades interesados entrade na nova web ou en http://fiaregz.wordpress.com/

Para calquera dúbida: galizasur@proyectofiare.com ou galizanorte@proyectofiare.com ou nos teléfonos de Manuel Adame (655028253) e Alfonso Mascuñana (606816047).

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Actualidade coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s