¡Bienvenido al club!


Pedro Pedrouzo Devesa

O escándalo das tarxetas opacas de Bankia é un novo episodio do desastre financeiro que protagonizou a nosa elite bancaria e política nas últimas décadas. Se algo ten de novedoso é que amplía o círculo de impostores bancarios. A foto da casta amplíase a políticos de Esquerda Unida e a demasiados sindicalistas, e trasládanos a amarga conclusión do permeables que somos os humanos á incontinencia consumista, en especial se vivimos a gastos pagos.

Pero sempre paga alguén. Ou aínda pensamos que hai cousas de balde? Todo ten un custo. Se non o asumimos os que xeramos o gasto, pagarao outro.

A estratexia que practicou Blesa con todos aqueles que podían incordiar a súa xestión en Bankia foi a adulación económica. Os episodios de mamoneo financiero parecen non ter fin. Conforme avanzamos na reconstrución da lameira na que nos metemos, máis claras parecen verse as razóns que nos levaron a ela. Fai augas a lapidaria frase de que vivimos por riba das nosas posibilidades, demonizando a aqueles que mercaron coche ampliando o crédito da súa hipoteca. A casta que acuñou esa frase tentou zafarse das súas responsabilidades trasladándoas ás clases media e baixa (verdadeiras vítimas reais da actual depresión). Conforme enfocamos aqueles marabillosos anos, descubrimos os verdadeiros vividores, a aqueles que saquearon o noso sistema financiero porque “así era como se facían as cousas”. Aqueles que non explosionamos economicamente simplemente eramos pouco hábiles xestionando os nosos cartos. Con todas as oportunidades de negocio que deixamos desaproveitar!

O escándalo das tarxetas é a radiografía da adulación; explícanos como se silencia a aqueles que van adquirindo o poder que a nosa democracia lles dá para realizar un servizo público, neste caso o control das caixas de aforros, entidades que tiñan un obxectivo moito máis social que os da banca tradicional, e que os blesas da vida se cargaron definitivamente.

Que ricos fomos e que calados estabamos!

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Economía. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s