A tempestade


A.Q.

O fachineiro do teatro

Este é o título da última peza teatral que escribiu Shakespeare e á que a compañía Voadora está levando á escena esta tempada. O texto orixinal parece un testamento do autor británico, porque recolle elementos esenciais doutras obras. Próspero, o duque de Milán foi desprazado do poder polo seu irmán e vive desterrado nunha illa dende hai anos coa única compañía da súa filla, que chegou alí sendo unha nena. Cando os seus inimigos pasan cerca da illa nun barco, por medio da maxia, Próspero é quen de convocar unha tempestade e aí xorden as paixóns (sobre todo o amor e a vinganza) que o autor inglés gustaba de ambientar en países latinos. Por máis que custe crelo, a obra sostén que o perdón é máis satisfactorio cá vinganza. Arriscando o spoiler hai que dicir que o duque perdoa as aldraxes e retírase a Milán a agardar pola morte. Talmente fixo Shakespeare, que había morrer tres anos despois de escribila. Voadora fai unha versión novidosa, con mestura de xéneros, con música en directo, con metateatro (a obra estase a ensaiar ao mesmo tempo que se representa), humor e a presenza activa do público na propia peza. Moi recomendable a non ser que vaiamos procurando as palabras de Shakespeare en cada diálogo. Absterse puristas de teatro clásico.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s