O sentido da vida


Quería vivir a fondo e extraer todo o miolo á vida… estes versos de Thoreau posiblemente os coñezas grazas ao club dos poetas mortos. Para min son unha reafirmación vital da que boto man de cando en vez para reflexionar sobre o sentido da vida.

Pero de súpeto infórmaste de vidas que si extraen todo o miolo á vida. Tanto lle zugan á vida que quedan sen ela. Dende que son rapaz sempre me cuestionei que tipo de reflexión vital é aquela que fai que unha persoa deixe toda a comodidade primeiromundista e vaia vivir e compartir vida a África (ou calquera lugar semellante). Penso especialmente naqueles que pasan anos da súa vida. Chegan na mocidade e alí quedan. Penso especialmente en ordes relixiosas coma os Combonianos ou os coñecidos destes días pola epidemia de ébola os Irmáns de San Xoán de Deus.

Porque hai que ter ganas de vivir a tope a vida e de darlle un sentido profundísimo á propia existencia. Nestes dous falecidos polo ébola hai Evanxeo do de verdade. Non hai palabras sen máis. Hai a testemuña de vidas entregadas ata o final.

Os cristiáns mediocres e acomodaticios coma min deberiamos mirar para estas testemuñas vitais e decatármonos de que aínda nos queda moito miolo de vida por extraer. Agora ben, que orgullo ter irmáns así na nosa Comunidade.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s