O DÍA DE AFIRMACIÓN NA DIGNIDADE QUE QUEDOU BEN GUAPO


Foto1.redimensionadoDavid Otero

(e digo no Pedregal de Irimia e logo en Meira coa QUENLLA)

Foi nun andar -xa de camiño curto- cara ao outono noviño e fresco, que está para chegar. Comezou na mañá do domingo, a raiolas de sol picado, no Pedregal de Irimia. Xusto no nacer do pai Miño. Alí concorremos para asistir á primeira parte do día ao que nos chamou a Irmandade Manuel María da Terra Chá e mais a Asociación Xermolos.

Un manifesto de afirmación da identidade no pedregal

Presidiunos a memoria, a firmeza, a teimosía de sermos (galegas e galegos) e así afirmalo con maior forza, abrazados á dignidade, para vivir participando (algo imprescindible) nesa responsabilidade; sabendo con claridade que somos o que facemos e así, xa que logo, conxugar o facer de cadaquén co dos demais.

Pois ben, de primeiras, ao compás das augas nacentes, que ben se sentían na musicalidade da vida nova, realizamos a lectura compartida, participativa, do Manifesto de Afirmación na Dignidade, da autoría de Mero da Quenlla.

Nesta mañá cribada de sol e nubes, aquí estamos nós no Paraninfo da Nosa Esencia, querendo outear bandeiras azuis e brancas. Mirar adiante co corpo Foto2.redimensionadoergueito e o ollar no alto. Co corazón posto no noso amplo horizonte sobre a distancia que nos mira para aventar porvir, para aventar ese destino merecido que agardamos, que incansablemente agardamos…”(comezaba así o Manifesto na voz de Mero).

E así foi deseguido, a paso de lectura emocional, en actitude vital enorme, na forza inmensa posta na dignidade da rebeldía necesaria. Así foi, dicimos, indo de camiño ao mediodía. Foron mozas e mozos, mulleres e homes, nunha mesma voz lectora de afirmación.

A voz diversa das persoas participantes

Seguimos, logo desta lectura, na presidencia da Ara de Prisciliano, co dicir de Adela Figueroa, da Eira de Xoana. Un dicir relativo ao medio ambiente, á reivindicación dunha atención necesaria ao cambio climático que nos envolve e atinxe, para rematar na palabra de X. L. Santos Cabanas e na do Colectivo Madialeva de Lugo, co recordo para as nosas presas e os nosos presos (e que veñan para á casa).

Así foron as palabras irmandiñas postas no aire limpo da mañá que chamaban polas da tarde, tamén cristalinas e cheas de afectos. O recoñecer. E así aínda houbo un tratamento especial ao poeta meirego Avelino Díaz (para quen reivindicaron un Día das Letras Galegas). Acabamos co canto unitario de todas e de todos do noso himno nacional.

Foto3.redimensionadoPola tarde en Meira

Pola tarde, a partir das seis, co ceo de colores mesturadas avisando dun tempo incerto comezamos na praza do Mosteiro de Meira a homenaxe explícita á Quenlla. Había moita xente. De primeiras foi a intervención da Banda de Música, a da Banda de Acordeóns e a de Gaitas, do Concello de Meira. Seguíronlle os cantores Miro Casabella, Antón Valcarce e entre uns e outros houbo os dicires de amizade e afectos á Quenlla de: Xoán F. Abella, Xesús Mato, Quintas Canella, Xosé Lastra, Paco Martín, Xabier P. Docampo, David de Marín, Xulio Xiz, X. M. Carballo e tamén as adhesións de Iago Santalla, Tino Vaz, Marica Campo,“Os de Carral” e o Pedrón de Ouro.

Contar que cos da Quenlla subiron para cantar con eles: Pilocha, María Manuela e Xiana Lastra. Logo no canto de “Irmáns”, con estas subiron os demais, e con eles Xoán Rubia. Collidos das mans, Alfonso Blanco Torrado, xunto co artista Manolo Pardo, e o Alcalde de Meira, entregaron á Quenlla a “I MAN DE IRIMIA”. Esta escultura ha entregarse -a partir de agora- todos os anos, neste día de afirmación nacional na dignidade, chamados, como dixemos, pola Irmandade Manuel María da Terra Chá e a AC Xermolos.

Xuntaremos corazóns e o pulso en alto, esixindo as nosas soberanías. Porque así é como se abren os destinos dos tantos amenceres que aínda agardan,…que aínda por nós esperan. Donos de nós e compracidos de tal acontecer” (así remataba Mero).

Un día de recordo e de altísimo presente para construír nestas referencias tamén un futuro no que abrazar esperanza por sermos quen somos, na identidade, estando sempre. Non esquezamos que a dignidade é un piar fundamental de nós e do noso pobo galego. Ben sabemos que nola queren minguar (quitar?) para manipularnos. Non ha ser tal. A nosa fe non é pouca.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s