Lingua planificada do meu pobo


Hai dez anos que se aprobou un Plan de Normalización Lingüística. Un bo plan, consensuado –cousa rara neste país- por todo o arco parlamentario, algo digno para ese momento, realista. Un instrumento para vivir e avanzar.

Pero non hai plan que ature unha falta de actitude, de vontade, de convicción. Sen iso pasa a ser un Plan Paripé, algo que certamente coincide coas siglas gobernantes. Formalmente o PP apoiou ese plan cando opositaba a goberno. E, xa gobernando, nunca foi quen de derrogalo formalmente.

Fálase de que o plan tende a que calquera poida vivir con normalidade “en galego” e de que a lingua chegue a ser de uso ordinario en todos os ámbitos da sociedade. Pero se o presidente fala aos empresarios de Vigo ou Coruña, emprega o castelán, como fan sempre os seus respectivos alcaldes, -aínda que, se fala aos gandeiros de Silleda, empregue o galego. E en canto se apaga o micro, sábese ben que os conselleiros e conselleiras cambian de código. E en canto deixan o cargo, sábese, moito mellor aínda, que, aliviados e aliviadas, nunca volverán a usar a lingua de Castelao. A iso chámanlle liberdade de elección lingüística. E é tan libre que sempre cae do mesmo lado.

Hai un Plan, por tanto, e hai unha actitude. Hai un discurso e unha realidade. O discurso di que o galego debe chegar a ser normal en todos os ámbitos. Pero ninguén le os plans. O que le a xente, o que ve, o que incorpora como coñecemento baseado na experiencia, son as actitudes das elites gobernantes. E saben que debaixo desas actitudes hai un convencemento íntimo, firme e contaxioso. O galego ten vedados territorios enteiros –áreas urbanas- e ámbitos de prestixio e poder –as finanzas, o médico, o comercio, a xudicatura, etc . Por iso que habería que lembrarlles que unha cousa é planificar a lingua e outra, distinta, é planala, que é o que fan as Caterpillar antes de asfaltar.

Nunca coma agora a diglosia autonómica foi tan real (con Fraga había conselleiros que vivían en galego!). Agora, o galego, é para o Parlamento e a “galega” –e polo tempo exacto en que o micrófono está aceso. Pero entre elas e eles non fan o ridículo. Falan como a xente fina que lles gustaría ser. É de dominio público. Disque é o plan oculto, …pero de oculto non ten nada

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s