Comezo de curso


O fachineiro da educación

A.Q.

Coincidindo co comezo do curso escolar ese organismo de impoluta fasquía democrática que é a o OCDE fainos ver que a taxa de titulados superiores en paro triplica a media dos países da contorna. Pero, ollo, que nada ten que ver iso cos recortes que fixemos en educación e en investigación para pagarmos as débedas de Bankia, as das caixas e as pensións dos homes e mulleres de prol que as dirixiron con pulso firme. Tampouco ten que ver, poño por caso, co rescate desa ducia de autoestradas de Madrid coa que se poderían rescatar 700.000 familias sen recursos, segundo Cáritas. E por suposto, en nada afecta á educación que de cada 10 xubilados na universidade se repoña un, nin a redución das bolsas, nin o aumento de alumnado por aula, nin a redución dos soldos das familias… Non, como ben soubo ver o voceiro da OCDE, Van Damme -o sutil, como o seu propio nome indica- o mal sitúase nos altos soldos dos e das docentes, que deixan pouca marxe de manobra á mellora educativa. Pero que ninguén se desacougue que isto soluciónase mantendo no currículo unha materia chamada relixión católica, que agora terá unha nota coa mesma validez cás demais. Onda non, sempre podemos acudir ao tamén impoluto demócrata húngaro Tibor Navracsics, que se vai ocupar da educación na UE. E listo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

Conectando a %s