Vaites, non cho creo (…????!!!!)


Daniel López

Existiu realmente un acordo secreto entre o bispo Diéguez e o emperador Caballero para non retirar definitivamente a enorme cruz do monumento “a los caídos por Dios y por España” que Franco inaugurou no monte do Castro, en Vigo?

Defendeu realmente algún bispo que se mantivese para sempre á vista de todos ese insultante símbolo do arrexuntamento entre a ditadura franquista e o catolicismo integrista? É para presumir, logo, ou que?

Podería hoxe un bispo, xa postos, defender ese acordo contraído por outro bispo anterior, acordo de manter ergueito ese pecado de pedra no que os falanxistas, os mesmos que pasearon a miles de inocentes,“oían” misa brazo en alto?

Pero, a ver, en serio, que significaríaa cruz para alguén que desculpaseo máis mínimo a súa utilización polos torturadores? Que idea sobre “o lugar de Deus” tería alguén que defenda que permaneza a cruz colosal, parte esencial e resto único dun monumento feito para humillar os vencidos eos seus descendentes?

 

Pero, que pasou aquí? Que inmensa manipulación é esta, para que o instrumento de tortura de Roma contra os revoltosos, un símbolo evidente das vítimas da Historia, se convertese en instrumento de poder, en símbolo dos vitimarios? Quen nos cambiou a historia? Quen nos estafou?

Pero que bispo podería, por Deus? Que persoa coa función de bispo na época dun Papa que invita aos bispos a ir ás “periferias existenciais”e a practicar a “revolución da tenrura”,podería experimentar a máis mínima nostalxia do franquismo vencedor?

Que bispo, cun Papa que arremete contra as pastorais proselitistas e aposta polo encontro, a proximidade e o diálogo, podería, nin de lonxe,salvar a mínima lembranza do nacionalcatolicismo?

Que lle diría ese bispo a un Papa que prefire unha “Igrexa accidentada a unha Igrexa enferma de mirarse a si mesma”?

Vaites! Iso do pacto de Caballero cun bispo para non retirar o monumento en forma de cruz é incrible ….Ou non? …Eu que sei!Ti que dis?

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Trasno. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s