Boa Vida Inclusión activa pídeche axuda


Queridos irimegos e irimegas:

No numero de 903 de Irimia saíu a presentación da nosa asociación Boa Vida Inclusión activa. Estamos moi agradecidos pola petición que nos fixestes e polos resultados dese artigo: dános visibilidade, que é unha cuestión vital para nós. Tamén nos deu roupa, o que significa ingresos. Unha persoa de Boiro tróuxonos roupa a Pontevedra!

Agora, queremos contarvos como nos vai e pedirvos unha colaboración.

Vainos ben! Estamos felices! Primeiro debido a que o equipo de traballo se vai construíndo. Coma sempre nestes procesos hai persoas que marchan e outras que chegan. Sabemos que temos por diante 3 anos difíciles, nos que temos como reto pasar da construción á consolidación. Temos recollidos uns 6.000 kg de roupa e calzado e iniciadas relacións con Koopera, organización de Bilbao que nos axudará na comercialización e reciclaxe, xunto con Traperos de Emaús de Navarra.

Segundo, porque neste proceso está sendo decisivo o apoio que recibe o proxecto Itinere (ti es boa vida) e Formación en recollida selectiva e reciclaxe téxtil, mediante a concesión dunha subvención por parte da Xunta de Galicia, financiada polo Fondo Social Europeo.

Cos 33.500€ concedidos, puxemos en marcha a oficina de dereitos e deberes sociais en Pontevedra, dous cursos de formación en recollida selectiva e reciclaxe téxtil (un en Xinzo de Limia e outro en Vilagarcía) e darémoslle soporte técnico aos 20 itinerarios de inserción social e laboral solicitados.

A colaboración principal é a difusión do noso traballo, e iso compleméntase co apoio económico. Nesa liña van as dúas posibles colaboracións:

1- Iniciamos en setembro unha campaña personalizada, na que pedimos a persoas que nos coñecen, que nos adianten, mediante un préstamo, parte da subvención, xa que temos que gastar e pagar antes de cobrar. Devolveriamos o préstamo entre xaneiro e marzo. Inicialmente pensamos en 17 persoas, porque é a metade da axuda, e serían 1.000 euros por persoa e 17 euros de gastos de transferencias. Así poderiamos realizar a xustificación a 30 de novembro, tal e como nos require a Xunta de Galicia.

Os gastos que cobre esta axuda son de seguridade social, seguros de voluntariado, aluguer, teléfono, material de oficina, …. e tamén o traballo das persoas en situación de pobreza. Contratouse unha muller xitana para os acompañamentos dos procesos básicos dos itinerarios, e tres técnicos no traballo especializado.

A día 8 xa temos 3.000€ de Traperos de Navarra, e 2.000€ de catro persoas que xa fixeron o ingreso. Agora estamos en 12 persoas.Tivemos resposta de 6 máis que precisan pensalo e recibir información telefónica.

Agora non pedimos 1.000€ por persoa, senón que cada quen participe co que desexe e poida incluso falar con dez amigos que poñan 100€ cada un, ou vinte, a 50€ por persoa, … O que precisamos é que non teñamos que devolver cantidades moi pequenas, xa que nos complicaría a xestión e aumentarían moito as comisións bancarias.

De todo isto iremos dando información no blog e tamén no correo electrónico ou teléfono.

2- A outra colaboración serían donativos de apoio á asociación, para o proxecto da recollida de roupa e calzado, con eses donativos seguiremos financiando a gasolina que precisamos para as recollidas e dando alento á futura empresa de inserción tendo presente o lema do Abbé Pierre:“Os aparentemente inútiles, co aparentemente inútil facemos cousas útiles para nós, para a sociedade e o medio ambiente”.

Co noso espírito de transparencia e ganas de contar, agradecemos moito que nos escribades ou nos chamedes, estamos ao voso dispor no mail, no blog, no facebook, no teléfono, e no local da rúa Cruz Vermella numero 16, de 10 a 12 horas, en Pontevedra.

Grazas inmensas!!!

Correo: boavidainclusionactiva@gmail.com

Blog:boavidainclusionactiva.blogspot.com

Facebook: boavidainclusionactiva

Telf: 886 160950 e 691201517

Nº Conta Abanca: ES07 2080 5480 9830 4012 9689

Nº Conta Triodos Bank: ES61 1491 0001 2921 0580 3528

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Noso taboleiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s