E(videncia)


O fachineiro do conflito

A.Q.

Como sei que son cumpridores e guiadiños a lexión de seguidores e seguidoras desta sección que leva a ramo a contraportada desta revista, tamén sei que leron a recomendación de Palestina de Joe Sacco feita no fachineiro dos libros de verán. E nela puideron comprobar que a obra trata a primeira intifada. Claro que podía ambientarse en calquera día da semana posterior a 1948. E iso mercé, sobre todo, ao estado terrorista de Israel (que ninguén procure este adxectivo fóra desta afouta revista) ou como din as fontes oficiais, “a única democracia da zona”. Resúmolles o estado da cuestión dos últimos 60 anos dun xeito doado: a cousa non vos ten remedio ata que os palestinos sexan expulsados e/ou exterminados (a opción contraria parece un pouquiño máis difícil). Por iso, nun alarde de videncia podo adiviñar e adiviño que ningún neto de quen agora pousar os ollos nestas liñas ha ver aquel territorio en paz. Na foto, podedes ver un palestino cunha pancarta diante do edificio da ONU, o mesmo que emite resolucións para que Israel as viole, que é deporte máis practicado naquel país por detrás da demolición de casas palestinas. A outra beira está amarrada a un semáforo. Non vos hai multitudes nesa causa. Unhas horas antes, unha ruidosa manifestación de xudeus campaba por Times Square para lembrar que Hamás e Al Qaeda a mesma cousa é.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s