Economía e natalidade


Pedro Pedrouzo Devesa

Un dos maiores retos que ten Galicia para os seguintes vinte anos é inverter a tendencia demográfica. O envellecemento da poboación e o abandono de demasiadas parroquias son dous graves problemas que van repercutir de forma moi negativa no noso futuro.

Conforme vaiamos envellecendo as chamadas xeracións do baby boom, as pensións dependerán dunha poboación activa cada vez máis minguada, o que nos debería levar a preguntar por que ocorre iso.

Retraso na incorporación laboral, dificultades da emancipación dos novos, dificultades na conciliación… son só varias das causas que dificultan que nazan tan poucas galegas, e de paso tan poucos galegos.

Sendo conscientes disto, os políticos dedican sempre unha pincelada electoral a estes temas que vernice o seu desinterese crónico por estes temas.

Por iso, e xa que temos unhas municipais ao caer, podemos comezar a solicitar cambios reais nas políticas de conciliación, aínda que non afecten unicamente ao eido municipal.

Unha medida que resolvería moitos problemas sería poñer de acordo a todos os organismos públicos aos que nos temos que dirixir unha vez somos pais. Pediriámoslles que sincronizasen e facilitasen o intercambio de datos para que a inscrición no Rexistro civil se puidese facer automática e dixitalmente polos pais desde o hospital que veu nacer ao cativo, e que tamén se tramitasen desde alí as baixas de paternidade e maternidade, igual que a solicitude de asistencia sanitaria, a solicitude de familia numerosa, ou os beneficios fiscais. E todo sería desde o mesmo portal web ao que se accedería desde unhas oficina que estivese localizada no mesmo hospital. E ata podería estar financiado por fondos europeos que se están empregando en auténticas ., non vou dicir a palabra. Aforrariamos horas e horas vagamundeando polas administracións públicas con numerosos papeis. Se cadra, e se cada quen llo pide ao seu partido, acabamos de facelos entrar en razón.

Outra medida máis controvertida sería que, posto que os máis beneficiados das medidas de conciliación (as cativas e os cativos) non teñen posibilidade de influír nunha eleccións, deámoslle ese voto aos seus pais para que aumente o volume de persoas que piden medidas de conciliación necesarias para saír deste ermo demográfico no que nos estamos a converter. Provocador, non? Pero é que mentres non haxa medidas reais de conciliación, teremos que seguir provocando.

PD: e se os pais tivesen tantos votos máis nunhas eleccións como fillos teñen?

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Economía. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s