Desemprego


Pedro Pedrouzo Devesa

O paro segue sendo o maior problema económico no noso país. As últimas reformas orientáronse fundamentalmente a “incentivar” o desempregado na busca do traballo, minorando as prestacións do desemprego, liberalizando as novas contratacións e animándoos a emigrar.

Estendeuse a idea de que o paro se orixina por desinterese do traballador, acomodaticio por natureza, que só vai buscar emprego se se lle poñen as cousas difíciles.

Os efectos desta medida están conseguindo que demasiadas persoas preparadas busquen futuro económico noutro país. Aí fóra non os van contratar por ser familiares de ninguén, se non polo que valen.
A austeridade económica estanos levando a unha selección social perversa. E a incapacidade das nosas administracións públicas á hora de elixir aqueles gastos que maior valor engadido poden aportar á nosa sociedade está dirixindo os minguados orzamentos públicos a actuacións que teñen escaso impacto na produtividade e, polo tanto, na riqueza futura.

Pero, é que tampouco sabemos cales son eses gastos. Se nos consultasen sobre os programas de gasto prioritarios que debemos atender no próximo quinquenio para reactivar a economía, saberiamos que propoñer?

Non saberiamos, porque durante demasiado tempo os nosos políticos non se atreven a decidir, ou polo menos a facelo de forma pública. Partidarios dunha política de choiva fina, investimos nos mesmos sectores ca antes da crise pero en menor medida. Non priorizamos, queremos que o diñeiro chegue ás empresas, pero non ás que máis capacidade teñen de sacarnos da recesión, se non a todas. Todas votan.
Mentres que a política social debe ir dirixida a todos, e en especial aos que máis o necesitan, a política económica debera ir dirixida aos que máis necesitamos nós, aos que nos abren espazos económicos, aos que retornan incrementado o diñeiro que investimos neles.
Seguen sen ser evidentes os sectores que nos deben sacar da crise, aínda que na práctica iso signifique que agardamos a que volva a construción a salvarnos, sen dúbida un sector clave, pero que ocasionou unha das épocas de maior corrupción política e impacto negativo medioambiental. Se ten que volver a construción, orientémola, de forma que poidamos cauterizar en parte os seus efectos negativos, e poida crecer sen esquilmar o noso patrimonio cultural e ecolóxico.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Economía. Ligazón permanente.

One Response to Desemprego

  1. Pingback: Desemprego | Abrente incerto

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s