A historia de Massimo


Xan Guillén

Foto: elpais.com

Entre todas as historias tremendas que escoitamos sobre o ébola hai unha que lin e que paso a compartir con vós. É a historia de Massimo, un enfermeiro italiano que está nun hospital na zona cero desta tremenda enfermidade. Alí chegou unha familia formada por un pai, unha nai e as tres fillas; todos infectados polo virus.

Ao pouco, morreron os pais, ante o desconsolo das nenas. Logo, as dúas nenas menores. Só quedaba Mary. Loxicamente, ela pechouse e non quería saber nada da vida. Estaba enferma e nada aseguraba a súa saúde. Massimo achegouse a ela coa intención de que comese e bebese algo, xa que isto era imprescindible de cara a ter algunha recuperación. Ela negábase. O enfermeiro insistía coa seguridade de que, dixese o que dixese, non tería resultado. Mary non entendía o inglés e o enfermeiro non entendía a lingua da nena. A calor cos traxes protectores era insoportable e os intentos de Massimo eran breves.

Nun deses intentos por alimentar a Mary alguén lle dixo ao rapaz: “Fálalle en italiano, vaiche entender o mesmiño ca en inglés…”. Así foi. Massimo empezou a falarlle en italiano. Ao principio a ladaíña de sempre. Pero logo comezou a contarlle contos da súa infancia, historias do seu lugar de orixe… Mary seguía sen entender. Cando Massimo, esgotado pola suor que enchoupaba o seu molesto traxe, ía marchar, notou a man da nena que o agarraba. O resto da historia e a reflexión xa a podedes facer vós, que eu non teño espazo.

Esta historia collina do xornal el País. Se queres lela completa, podes facelo en Internet co nome de “La fuerza de Mary”. Paga a pena.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s