A Alexandre Bóveda


Foto: elmundo.es

Manolo Regal Ledo

A Alexandre Bóveda político e cristián manifesto, fusilado na Caeira, Pontevedra, o 17 de agosto do 1936

Foi fusilado Alexandre

nun 17 traidor.

Alí onde balas selaron

drama amargo de exclusión.

Querían facer calar

o entusiasmo da paixón.

Terra e xente, pobo, Deus

Galicia no corazón.

E o corazón cara ao mundo,

ronsel de liberación.

Novo calvario, novo Cristo,

en bágoas de redención.

Onde a inocencia padece,

padece e salva o Señor.

Lumieira para ver

as cousas desde outra cor.

Vítima que amosa vítimas,

que inzan ao noso redor.

A historia co rito acedo

de quen abusa e trae dor.

Que mata e converte o sangue

en grans de sementador.

Na Caeira de Alexandre

alentos dun soñador.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Utopía. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s