A Romaxe na voz de A Quenlla


Josecho Culler

A vindeira Romaxe trae consigo unha sorpresa coa presentación dun disco-libro propio. Hai tempo que os irimegos anhelaban un traballo que recollese as cancións máis entoadas nas celebracións e, para iso, A Quenlla ofreceuse a levar a cabo este CD musical. Quince temas, entre os que se atopa a Rumboia, Irmaus, Alén do teu recordo, o Credo Galego, A dorna, o Magníficat ou algunha novidade como Irmán cómpre que nazan flores, de Claudio Rodríguez Fer. Este disco foi gravado no verán do 2014 nos estudos do Concello de Arzúa, sendo técnico de son Francisco Cerdeira. A dirección artística correu a cargo de Mini e Mero e os arranxos son de A Quenlla. Colaborou, de forma desinteresada, Richi Martín na percusión e hai que agradecer o traballo de tanta xente que o fixo posible e que animou a cumprir esta ilusión. O grupo A QUENLLA está formado por: Mariña, Iria, Chus, Tareixa, Manuel, Mija, Saxa, Omeljan, Mini e Mero. A todos eles só queda dicirlles GRAZAS.

Acompañando a este disco ofrécese un completo libro que describe as romaxes nas súas catro décadas diferentes. Xabi Blanco, Ramón Díaz Raña, Helena Villar Janeiro, Victorino Pérez Prieto, Daniel López Muñoz, Xesús Portas Ferro e Engracia Vidal achégannos a inmortalidade das romaxes dende o Pedregal de Irimia ata Santa Uxía de Lobás. Ademais, o libro complétase co alento de diferentes irimegas e irimegos que quixeron deixar as súas vivencias nunha frase ou nun parágrafo. Todo, xunto a unha extensa galería de imaxes de cada un dos lugares onde tivo lugar esta celebración.

Este disco-libro porase á disposición de quen o desexe adquirir na vindeira Romaxe, que terá lugar o 13 de setembro en Vitre, concello de Frades. Con Irimia como editora, este traballo non é máis que a ilusión de moitos anos e moita xente que creu nisto e atopou nas romaxes o espazo único para compartir a irmandade, a fe e galeguidade con milleiros de irimegas e irimegos máis dende 1977.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón) coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s