Patrimonio


Polo que teño entendido diferentes institucións están traballando arreo para que a Ribeira Sacra sexa considerada Patrimonio da humanidade. Este título que concede a Unesco só vén a confirmar o incrible deste lugar cheo de historia e de incribles paisaxes. Son incribles os mosteiros que hai nas dúas beiras do río e sinto especial fascinación polo de San Pedro de Roca. Encántame ver as vides que se distribúen polas abas das montañas en forma de chanzos de escaleiras para dar viños coma o de Amandi ou o Mencía. É fascinante ir no catamarán por medio do río e sentirte pequeno ante semellantes ladeiras. Ou ir ata os miradoiros de Madrid e ver todos os canóns.

En Galicia contamos con catro títulos oficiais: A zona vella de Compostela, a torre de Hércules, o Camiño de Santiago e a Muralla de Lugo. Pero estou convencido de que a nosa terra está chea de lugares que son patrimonio paisaxístico, cultural, arquitectónico ou inmaterial.

É unha mágoa que non nos sintamos máis próximos ao noso e teñan que chegar de fóra para que nos dean os recoñecementos que merecemos. A Ribeira Sacra é un deses lugares que merecen que nos sintamos orgullosos do que temos. Se cadra este verán é un bo momento de dar unha volta e volvelo vivir.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón). Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s