Chegou o verán


…e con el un milleiro de cousas interesantes. Este rumoroso pídeche que vivas intensamente esta estación. Que tal ler un bo libro sentado nunha boa sombra? Se cadra chegou o momento de que collas eses libros que tes aparcados para cando teñas tempo.

Tamén pode ser un bo momento de chamar a ese amigo ou amiga que hai moito tempo que non ves e invitalo a tomar algo nunha terraza e falar e falar e ver pasar as horas. E por que non facer unha escapada a algún sitio? Seguro que a menos dunha hora de onde vives hai un lugar moi interesante. Paga a pena que espertes cedo e vaias. Se cadra percorrer ese camiño pola natureza faite sentir mellor. Hai canto tempo que non ves o solpor? Víchelo algunha vez en Fisterra?
Lembro que hai moitos anos eu lera un himno litúrxico que dicía que a noite era tempo de salvación. Eu coido que ten razón pero que todo tempo é tempo de salvación. Só é cuestión de atoparlle o positivo á vida e ir descubrindo como en cada momento, en cada minuto hai unha morea de feitos que vividos positivamente e con intensidade poden salvarche da rutina ou do aburrimento. Se a isto lle engadimos que no verán os días son máis longos e que moitos temos máis tempo libre… pois que teñas un bo verán. De ti depende.

Advertisements

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair /  Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair /  Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair /  Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair /  Cambiar )

w

Conectando a %s

Blog en WordPress.com.

Up ↑

%d bloggers like this: