Á sombra dunha aciñeira


O fachineiro dos libros de verán

A.Q.

Pois para ler enriba da toalla ou onda o ameneiro do río quería recoller a luva dos rumores e recomendar algunhas lecturas de verán. Imos destea feita coa banda deseñada (quen queira parecer máis culto pode chamarlle novela gráfica). Se alguén non leu aínda Ardalén, debe empezar por esta obra de Miguelanxo Prado, premio estatal de cómic o ano pasado. A mesma casa, El Patito Editorial, publica 36­39 malos tempos, a edición integral da obra que Carlos Giménez ambienta na Guerra Civil. Unha editora que coida as traducións é Rinoceronte, que nos ofrece Palestina de Joe Sacco. Por fin, para desengraxar e rir un pouco, temos O bichero de Luís Davila, unha recompilación das súas viñetas. Un pouco máis de tempo require a novela negra de Pedro Feijoo A memoria da choiva, que tanto éxito está tendo este ano, e de paso, unha nova visión de Follas Novas. Se a alguén non lle chega, pode meter no lote Os fillos do mar, a anterior obra do autor. A viaxe de Gagarin é a última de Agustín Fernández Paz, unha aposta segura, claro. A poesía lévase mellor co ameneiro ca coa toalla, así que unha de Nimbos neste ano vén que nin pintada. E xa deixamos a lectura de Piketty para amargarnos o comezo do outono. E como no verán temos máis tempo, clásicos como Sempre en Galiza, de moda novamente grazas ao discurso de El Rei, sempre son de agradecer…( “O problema de Cataluña, Euskadi e Galiza non é privativo de España, pois forma parte do cadro europeo e vai xunguido á recontrucción política de Europa”) oxalá o lesen os nosos políticos… e de paso a Rosalía, que di : “Este vaise, aquel vaise,
todo, todos se van, Galicia sen homes quedas que te poidan traballar…” Actualísimo, non si?

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , , . Ligazón permanente.

One Response to Á sombra dunha aciñeira

  1. O título “Debaixo dunha aciñeira” faime lembrar a José Afonso. Deberiamos dar posto de moda a súa canción titulada Os Vampiros, que, polo de hoxe, pode baixarse(?) de internet. Que define con total claridade o momento actual. Se non provade baixala e comprobarédelo.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s