O SINAIA e o exilio republicano


Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña

O 13 de xuño de 1939, hai 75 anos, o barco SINAIA atracaba en Veracruz- México, con 1600 españois, deles trinta galegos. Logo de tres anos de conflito bélico, unha pequena parte dos retidos nos Campos franceses foron reclamados polo Goberno sempre xeneroso de Cárdenas.

A do Sinaia foi a primeira expedición colectiva de exiliados, á que seguiron pouco despois as do Ipanema e Mexique. As tres, a diferenza da do grupo de eminentes intelectuais que as precedera, non respondían a unha rigorosa selectividade intelectual e reflectían, na súa composición, a diversidade social, ideolóxica, política e profesional do pobo que fixera a guerra. Foi a chegada do Sinaia a Veracruz a que marca o comezo da longa marcha do exilio en México. Serían algúns máis dos mais de 22000  que chegarían en sucesivos barcos a México.
Miles de mulleres e homes bos e xenerosos, embarcaron, así, no Sinaia, no Mexique,…
Excluídos cara un espazo sen horizonte, a un tempo sen pasado. E tamén sen futuro.
Hai visións do mundo inclusivas: nelas é posible compartir, dende a diferenza, un horizonte común pleno de ideais, de proxectos, de ilusións, de identidades múltiples…
Foron recibidos por miles de mexicanos abertos para compartir, para integrar, para soñar.
A súa chegada a Veracruz, a multitude ateigaba o peirao ateigaba o peirao, moitos deles españois, coa presenza do Secretario de Gobernación Mexicano, Ignacio García Téllez. Estas foron as súas verbas de benvida:
«Non vos recibimos coma náufragos da persecución ditatorial a quen misericordiosamente se lle bota unha táboa de salvación, senón como a defensores afoutos da democracia republicana e da soberanía territorial, que loitaron contra a maquinaria opresora ao servizo da conspiración totalitaria universal. O Goberno e o pobo de México recíbenvos como expoñentes da causa imperecedoira das liberdades do ser humano. As vosas nais, esposas e fillos, atoparán no noso chan un regazo cariñoso e hospitalario.»
O 13 de xuño de 2014, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica da Coruña quere lembrar o pasado e o presente: nos últimos 10 anos, 120.000 galegos foron excluídos dunha sociedade na que se lles nega o futuro. Asolagados no océano da indiferenza, víronse unha vez máis obrigados a embarcar cara un escenario sen referencias.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Actualidade coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s