Contra o tribalismo


Pedro Pedrouzo Devesa

Seguimos nunha sociedade tribal. Buscamos refuxio no grupo cercano. A tribo defende a súa esencia, e agrúpase en intereses comúns. A tribo ten unha incapacidade total para cuestionarse. A dúbida esmorécea e faina fráxil ao adversario, de aí que sexan tan mal acollidas as críticas.

Hai dúas forzas políticas que nos dous últimos anos xurdiron con especial forza: AGE e Podemos. Un dos grandes retos que terán esas dúas forzas políticas será a xestión da diversidade. Existe un enorme consenso social sobre as políticas económicas que non queremos, pero ese consenso fragméntase cando hai que dar o paso da economía crítica á economía alternativa.

Tradicionalmente os partidos veñen comportándose como tribos políticas, organismos con nula capacidade para abrírense á sociedade e moito menos para autocuestionarse. Determinados sectores da Igrexa funcionan tamén coma tribos relixiosas querendo fundamentarse no credo máis que no comprendo.

Por iso, nun momento no que a sociedade quere buscar de novo de forma maioritaria solucións de esquerdas teremos que reflexionar sobre os erros e os acertos da esquerda no século máis ideolóxico da historia da humanidade: o século XX.

A esquerda errou cando pretendeu planificar centralmente o benestar da poboación. Concentrar o poder é sinónimo de tiranía. Cada ideoloxía ten os seus pecados xenéticos: o da esquerda é pensar que ten respostas para todos os males, que sabe o que hai que facer. Discursos como os de “non damos chegado a xente” ou “non non soubemos comunicar”, son sinónimo de arrogancia política e xordeira social. Moitas veces, non é que a xente non saiba o que lles podemos dar, senón que non sabemos o que a xente quere. A xordeira está da nosa banda.

A dialéctica público/privado é a esencia da política. Distinguir e atinar coa forma na que se debe prover de bens e servizos ás persoas é o cerne ideolóxico dunha sociedade. A reflexión debe ser continua. Hai mercados como o eléctrico no que se está demostrando que as privatizacións de certos mercados regulados non achega ningún beneficio social. Un mercado sen competencia non serve. O mercado eléctrico non é un mercado, por iso non debera terse privatizado.

Porén, se o futuro da literatura galega dependese dos departamentos de publicacións das administracións públicas, a morte literaria do galego sería xa un feito. Son as editoriais privadas as que diariamente conseguen agromar e cultivar un idioma que o público demanda, de forma minoritaria pero continua. O sector privado ten demostrado unha enorme superioridade editorial e intelectual fronte ao público. Sempre se pode dicir que quen goberna e decide qué se publica non é o acaído, pero esa afirmación perde forza nun país que cada catro anos pode decidir quen goberna. Por certo, cada vez que entramos, ou deixamos de entrar, nunha librería decidimos que se edita e que non.

A renovación política no noso país ten que vir da convicción de que debemos ser libres para decidir que queremos (liberdade), darnos a todos as mesmas posibilidades para acadalo (igualdade) e respectar o que decide a maioría (democracia)

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Política coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s