Supoño que coñeces “o legado do Tibu”.


Se non o coñeces, cóntoche por riba en que consiste. Un mozo ou moza nomea a tres amigos retándoos a que en 48 horas deben mergullarse en auga fría ou pagar unha mariscada a quen o nomeou. Este mergullo hai que gravalo e colgalo nas redes sociais e, a súa vez, nomear outras tres persoas.

Paréceme unha simpática parvada. Un xeito de pasar un bo bocadiño de tempo e brincar coas túas amizades. Hai incluso versións solidarias nas cales, se non te mollas, tes que lle dar cartos a unha ONG ou unha colaboración a un banco de alimentos.

Sen dúbida, a vida sen este tipo de brincadeiras sería moi aburrida. Non se trata de volvernos insubstanciais. Trátase de ser persoas con sentido do humor. Hai moitos anos léralle a José Luis Cortés que Deus é humor. Rir é algo esencial do ser humano e roubarnos a risa sería como roubarnos unha das esencias humanas.

Non me nomearon (nin gañas que teño), pero se o fixesen, tal vez nomease a toda a xente que vai ir á Romaxe. Quen vería aos de Aguiño empapados comendo as sardiñas e a Xabi Blanco organizando dende o palco como é o proceso de mollado. E Mini e Mero buscando unha canción acaída para ese momento? Con ou sen molladura, lembrade que nos vemos en Xanceda.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s