O meteorito, o cura e o mundial


A.Q.

O fachineiro da cultura

Despois de tanta análise electoral, este fachineiro viuse na necesidade de darlle un espazo á cultura nesta sesuda revista, pero non sen antes facer miña a reflexión dun tuiteiro: “se fósemos dinosauros habíamos votar polo meteorito”. Así que logo de profundar no asunto, e agora que nos atopamos enfervorecidos pola mundialización -a do futbol, enténdaseme ben-, reinábame lembrar que o himno da champions é unha adaptación dunha obra de Händel que se titula The priest, o cura.
(A ver que sección de Irimia supera isto!). E si, trátase dunha boa imaxe para facer ver o fútbol coma esa nova relixión que é quen de unir e esperanzar, de mobilizar e de achegar. Tamén de insultar, discriminar, odiar e facer gastar tres salarios mínimos nunha entrada, pero iso son faragullas doutro saco. Será outro signo dos tempos que vemos tamén no aggiornamento de arcebispos que asisten a conferencias de exdirectores de xornais lembrados -entre múltiples e meritorias accións- por vídeos de contido sexual que deron para editoriais, portadas e azueiras diversas. Dá gusto ver a xerarquía implicada nas angueiras cotiás da xente do común. Sen dúbida habemos ver imaxes semellantes cando quen pronuncie a conferencia sexa unha inmigrante caboverdiana que nos conte como deixaron de atendela no sergas. Estouno vendo.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O fachineiro. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s