Comuñón


Hai xente que bota en falta eses tempos non tan afastados nos cales ser cidadán era sinónimo de ser cristián (se non o cres le a definición 5 de “cristiano” no dicionario RAE). Eran os tempos nos que todos os da miña quinta iamos durante a semana ao colexio e a fin de semana á catequese. Onde meus pais falaban baixiño do caso dun veciño cuns pais que eran ateos e non querían que o seu fillo fixese a primeira comuñón. Moito cambiou o conto.

Dentro duns días vai facer a Primeira Comuñón un rapaz coñecido meu que ten doce anos. Faina porque lle peta e supoño que tamén cunha certa convicción. Fóra do tempo normal no que se adoitan facer estas cousas. Tamén hai un par de anos asistín ao bautizo dun mozo que pasaba tranquilamente dos vinte anos. Son dous casos que coñezo, pero non son illados. Segundo datos estatísticos da propia Igrexa, parece ser que nestes últimos anos o número de casos similares duplicouse.

Que non haxa tantos bautizados e bautizadas nos libros parroquiais non é nin bo nin malo. O realmente bo é que, cada vez máis, estas cousas fanse por convencemento. Que relacionar a catequese con algo polo que hai que pasar xa non é o propio e que en poucos anos quen faga un sacramento non o fará sen pensar. Se cadra camiñamos cara unha vivencia dos sacramentos dende a fe e non dende o costume.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Rumores de Esperanza. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s