Acábanse as parroquias?


Un estudo da diocese de Santiago apunta a que en poucos anos apenas haberá cregos que atendan as nosas parroquias, sobre todo no mundo rural. Non cesan os experimentos: unidades pastorais, concentración en lugares estratéxicos, curas á carreira por mil estradas, outros chegados de países e culturas de lonxe… A vinculación á parroquia é moi fonda en Galicia, parroquia coma lugar, coma límite biográfico e xeográfico. Un concello pode ter máis de 10 parroquias, e non é doado que vaian os dunha parroquia a outra, a non ser un enterro, unha festa… Os galegos antepoñemos a pertenza a un lugar á vivencia da fe. Quizais sobraron ritos e faltou acompañamento e vida comunitaria. Que pasará con tantas igrexas, reitorais, capeliñas, conventos, mosteiros…?

Hai anos Pepe Chao falaba da creación de “cristianías”, pequenas comunidades formadas por xentes de distintas parroquias que comezaran a reunirse, estudar, celebrar, compartir vivencias. Serían o cerne dunha nova realidade. Para xuntar a xente de distintas parroquias hai que crear primeiro amizade entre elas. A excesiva dependencia do clero non facilita esta proposta.

As consecuencias son tremendas: desaparece todo un sentir, todo un vivir do noso pobo, e moito mais aló do relixioso. Xa é unha realidade en moitas comarcas da montaña e do interior. A parroquia é lugar de encontro, de organización, de cultura, de festa, de compartir labores e traballos. Vai desaparecendo tamén o domingo como día de encontro e mesmo de descanso.

O teólogo J. Antonio Pagola apuntaba hai uns días na Coruña unha solución: teñen que ser as persoas das parroquias as que reaccionen e organicen a vida comunitaria. Non podemos estar pendentes de que manden un cura de fóra. O problema é que quizais sexa tarde de máis, porque en moitos lugares so quedan velliños, cansos xa para se pór a estudar e facer planos pastorais.

A desaparición dos curas traerá tamén a desaparición da misa? Non é tempo de pensar novas formas de exercer o sacerdocio?

A esperanza está nunha igrexa-comunidade fronte a unha igrexa clerical e xerarquizada. Oxalá deamos pasos e non sexa tarde de máis. Pentecoste, o Espírito segue a soprar.

Advertisements
Esta entrada foi publicada en O Peto Común (antes de Sto. Antón). Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s