A cordialidade


Nas vésperas do Día das Letras, en campaña electoral das europeas, o presidente Núñez Feijoo foi entrevistado en vía V televisión -do grupo La Voz de Galicia. Fatal coincidencia de datas.

E foi fatal porque o día daba xogo para formular, xusto ao remate da entrevista, e nunha quenda de preguntas rápidas, unha cuestión sobre que obra da literatura galega era a preferida polo presidente de Galicia. A resposta foi que “as obras de Rosalía de Castro son o noso Quixote, desde o punto de vista do noso idioma”. Os xornalistas retrucaron, “pero que obra, que obra en concreto?” Houbo uns microsegundos de dúbida, pero o presidente non se botou atrás: “Poemas galegos…pode ser?”

Comparar a lírica de Rosalía co Quixote é literariamente inadecuado, pero xustificaríase en termos de “importancia” na historia da literatura.

Porén, o que ten difícil encaixe no concepto que calquera debería ter sobre un presidente dun país con lingua de seu; dun presidente que emana dun es Estatuto de Autonomía que adquire pleno sentido histórico como baluarte para que o idioma galego viva; dun presidente dun aparello de goberno que ten como deber legal a acción positiva a prol do galego; dun presidente entrevistado en galego o día antes do 17 de maio;… o que ten difícil xustificación, sostemos nós, é que, pudendo escoller unha entre todas as posibles obras en galego da historia, fose incapaz de lembrar un título.

“Poemas galegos” non existe. Rosalía escribiu “Cantares Gallegos” (así con “ll”)ou “Follas Novas”. Son títulos emblemáticos. Fáciles de lembrar, son de nivel ESO.

O presidente unía así o seu destino ao doutros ilustres nomes de gobernantes da Xunta de Galicia, os autores doutras “perlas”, como aquela de “Carmiña Burana” e o “Desván de los Monjes”,

A “cordialidade lingüística” foi un dos temas estrela para xustificar a estratexia de empequenecemento do idioma galego comezada polo goberno Feijoo, desde o seu minuto un.

“Cordialidade” vén de “cor, cordis”, vén de corazón. Non pode ser ninguén cordial cunha lingua ambiental sobre a que non sabe dicir correctamente un simple título dun libro escrito nesa lingua. Falamos do presidente de Galicia, non dun pastor nepalí.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Editorial coas etiquetas , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s