Política Poética


A editorial Emerxente vén de publicar o poemario “LP” de Lois Pérez. Coeime no seu contido para traervos unha fermosa variación do noso himno, co título Ignominia. Achégovos un extracto del:

Que din os estudosos deste soño decadente

poboado de mafiosos que só saben roubar?

Que din as cansas veas rotas dos tristes ionquis derrotados

co seu brillo atormentado morrendo noutro bar?

Co noso amor vencido pendurado neste mastro,

a voz dun poetastro que non debera recitar,

esmorece o encantamento e Galicia perde o trono:

xa adormece co sono nun tugurio de Nigrán.

Os miopes cobizosos que nos venden,

no roubo aprenden e tamén mudan de ton,

como pais e garantes envilecidos e escuros,

nada comprenden, non.

Non chegaron os bardos nin os tempos, nin idades

máis ben só obscenidades nesta triste neve de verán:

nalgún despacho de Alcoa alguén prende a radio e soa

outra derrota do Leite Río Breogán.

Que delirio, que terríbel loucura,

se agocha atrás das grandes portas da Xustiza,

todo ole a podre e non só na Dinamarca,

que Parca, do mal? Que cegueira enfermiza?

Quen atiza co cirio desta dor sen cura?

Por cada gramo de inxustiza, a bondade espida…

Que emana da xente boa que agoniza.

Cando todo fede a insominio e pasos perdidos,

a guitarras sen mastro con cordas de espiño,

e escintilan as luces afundidas da Razón,

coa súa cara mergullada e vencida,

nas frías fontes da Merda Impura e silente

dos piratas sen corazón con chaleco salvavidas,

co puto disfrace dos Santos Inocentes.

(continúa…)

Advertisements
Esta entrada foi publicada en Uncategorized. Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s