A directa e a indirecta


Daniel López

Este trasno fala, pasado o día e tamén a romaría, das canonizacións dos dous Papas e do recendo que deixan no ambiente, e poderíase tamén titular a “mensaxe tácita” ou, mesmo, o “Deus implícito”.

A mensaxe directa está máis que resabida e tratada nos medios. Dous Papas canonizan a dous predecesores. Exemplaridade, exaltación, exemplo e, ademais, prodixios probados, curacións, baño de masas, bastante euforia, hostalaría, souvenirs de estampas. Á “directa”, xa lle chega ben.

Pero a cuestión é a “indirecta”. Que mensaxe, que visión se propaga envolveita en todo o ritual? Pois, tristemente, declárase viva e inmorredoira a imaxe de Deus herdada das formas máis arcaicas e terribles da relixión.

O proceso ten bastante de invitación á in-crenza. O candidato a santo vaticano nomínase e investígase por un comité vaticano e, pasado o exame de heroicas virtudes, pásase á fase de exame de milagres. Todo axustado ao guión dun Deus respondendo prodixiosamente –saltando as leis da natureza e da razón médica e científica- a unha petición feita “en nome” do tal candidato a santo.

Para que o entendamos desde aquí: é como un presidente da Deputación, que salta a lei de procedemento administrativo ou de disciplina urbanística, favorecendo un veciño que se encomenda a un alcalde do mesmo partido. Todo encaixa. Será por isto que certos partidos, en Italia ou Galicia, tenden a ser neo-confesionais.

O cacique decide cando e con quen salta a lei. Nomear a Deus o Gran Cacique é un acto perverso, que debería ser revisado por quen di crer que Deus se mostra nun crucificado. Efectivamente. Por que con ese enfermo terminal si, pero non con aquela outra, que deixa cinco fillos na miseria? Como conciliar esa arbitrariedade caciquil coa Bondade-que-crea-e-ama sen distinción, que fai orballar sobre as verzas e as labazas?

Quizais Xoán Paulo II necesitase reivindicarse con algún superfavor Do-De-Arriba. Quizais esa é a única maneira de lavar a súa tolerancia con Marciel, o pederasta, e a súa intolerancia con Ernesto Cardenal, o místico revolucionario. Pero ao Papa bo, a Xoán XXIII, non se lle fai favor nin xustiza con esa “santificación consorte”. Teño para min que, con semellante montaxe, estará revirando o fociño pola miopía institucional á hora de interpretar os sinais dos tempos.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , , , , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s