O fachineiro dos medios


A.Q.
…ou dos cuartos

Dicía un coñecido deste fachineiro cando vivía nun apartamento tirando a pequeneiro que el non tiña cuarto de baño; o que tiña era oitavo de baño. Cos medios pasa o meso. Do natural xa non debe quedar nin un oitavo; e dos de comunicación mellor non falarmos.

Quitando esta ousada revista casemente non hai onde poñer os ollos para atoparmos unha noticia que non estea contaminada pola enxurrada neoliberal. Para a última declaración de Bárcenas -esa na que dicía que había caixa b en cada provincia- non atoparon sitio na portada da prensa da madrileña e na dixital cansaba un facendo correr o rato. Tanto as novas que se publican coma as que se silencian fan, en non poucos casos, arrubiar de vergoña allea. E o peor é que eses exemplares págaos tamén o lector e mais este fachineiro cos seus impostos, no caso dos medios galegos. Iso si, convenientemente adobiados en forma de convenio ou campaña publicitaria. E claro, non se morde a man que dá de comer. A alternativa está na rede -porque en papel a cousa xa non ten remedio- e cadaquén ha ter que ir procurando aquilo que lle veña mellor, aínda que praza.com, temposdixital e infolibre deberían estar nos marcadores.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O fachineiro coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s