Doazón de sangue


Como prometín, co nacemento de Sariña non vou facer desta sección unha continua historia dos meus herdeiros, aínda que o merecen e aínda que os pícaros sempre dan motivos de esperanza. Desta volta quero contar algo do nacemento de Xoanciño que coido que tamén é moi esperanzador.
Durante o parto vimos un cartel de doazón de cordón umbilical e dixemos que nos gustaría doalo. Cando fora de Sariña tamén o intentamos pero non foi posible. As médicas que estaban a cargo dos partos déronnos todo tipo de facilidades para asinar a autorización sen problema. Asinamos e sen que houbese ningún tipo de cuestión a maiores doamos.

Polo visto a doazón de sangue do cordón umbilical é moi interesante porque contén células moi ricas e que fan moito ben a quen as recibe. Ese sangue é mellor có outro pero non me preguntedes por que.
Pasaron uns días e á miña muller chegoulle un correo dunhas amigas que coñecen a outras amigas que traballan no Centro de Transfusión de Galicia. Polo visto o sangue do cordón de Xoanciño vale por dous. O rapaz naceu grandiño e viña ben cargado de células boas que poden dar vida dobremente do que soe ser un cordón normal.
Que o cordón umbilical dea vida xa o sabiamos pero que o dea non só da nai ao fillo/a é algo abraiante. Así que xa sabedes. Se coñecedes a algunha futura mamá dicídello. Podes dar moita vida no parto. Feliz Pascua.

Advertisements
Estas entrada foi publicada en Rumores de Esperanza coas etiquetas , , , , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s