Nostalxia da (boa) relixión


Daniel López

Se o móbil de última xeración non é sagrado. Se a rede social non é a fraternidade. Se o cíber infinito non é o paraíso…
Se o híper non é un templo. Se o consumo non nos salva. Se a moda non é o decálogo…
Se o partido de fútbol non é unha liturxia. Se as nosas cores non son a comuñón. Se o sufrimento da derrota é estéril.

Se o propio corpo non merece tanto sacrificio. Se a estética perfecta non é a redención. Se a imaxe persoal non é de seu venerable.
Se a macrofesta non achega sentido. Se o colocón non retroalimenta a vida. Se a noite é a parteira de días estériles e vidas zombis.
Se as novas relixións son antídoto contra o soño dunha humanidade nova. Se atrancan a creación de persoas con tensión utópica, con fibra moral e con capacidade de entrega. Se só serven a causas absurdas, a pícaros empresarios, a compromisos de kleenex e videoclip. Algo fixemos mal.
Mal polos abusadores da relixión herdada, secuestrada, empregada como arma contra os xustos e as soñadoras. Mal polo discurso fácil, pola crítica superficial. Mal por un aggiornamento hortera, pola neoconquista ultracatólica, pola simplificación pretendidamente progre. Mal.
Quen lle narrará aos meniños da tribo, arredor do lume, que hai algo sagrado na palabra humanidade, na matriz fraterna que nos envolve, no rostro da vítima? Que imaxe sublime –que relixión digna de creto- usará o narrador para explicar o misterio do ser que nos convoca a perdérmonos para atoparnos, e xunto con nós, perder os nosos corpos, os nosos smartphones, as nosas drogas , as nosas adhesións imbecilmente inquebrantables,… para que a tenrura teña a palabra definitiva en toda esta historia?

Advertisements
Estas entrada foi publicada en O Trasno coas etiquetas , . Ligazón permanente.

Deixar unha resposta

introduce os teu datos ou preme nunha das iconas:

Logotipo de WordPress.com

Estás a comentar desde a túa conta de WordPress.com. Sair / Cambiar )

Twitter picture

Estás a comentar desde a túa conta de Twitter. Sair / Cambiar )

Facebook photo

Estás a comentar desde a túa conta de Facebook. Sair / Cambiar )

Google+ photo

Estás a comentar desde a túa conta de Google+. Sair / Cambiar )

Conectando a %s